• Skip to content

Hotel Mar de Fisterra, hotel com vista para o mar em Finisterre

Hotel en Fisterra con vistas o mar, ideal para acabar o camiño de santiago, vir de vancación ou facer unha escapada. Dispoñemos de habitacións para duas, tres e catro persoas.

  • Hotel
  • Quartos
  • Caminho de Finisterre
  • Arredores
  • Contato
  • ·
  • GL
  • ES
  • EN
  • DE
  • PT
  • ·

Camiño de Santiago de Compostela a Fisterra

RESERVA

Etapa Santiago - Negreira

Empezamos o camiño de Fisterra na catedral. Baixamos a rúa das Hortas, entre o Hostal dos Reis Católicos e o pazo de Raxoi (o concello). Das Hortas prolonga coa rúa Campo das Hortas e tras un paso de peatóns deixamos o bar á esquerda.

Continuamos de frente pola rúa do Cruceiro do Galo, que pasa a denominarse Poza de Bar e máis adiante San Lourenzo. Ésta nos leva ata a carballeira do mesmo nome. Descendemos polo camiño que atravesa a carballeira ata Ponte Sarela.

Seguindo a pista chegamos a Sarela da Baixo. No mojón xiramos á dereita. Este camiño levarános a Moas de Abaixo.

Continuamos por Carballal ata Quintáns, onde primeiro xiramos á esquerda e xusto despois na parada do bus á dereita, seguindo o camiño entre as casas do lugar e chegamos por unha recta asfaltada ata a ponte sobre o río Roxos. Tras camiñar un pouco máis chegamos a Alto do Vento, no concello de Ames.

Baixamos hacia a dereita con dirección a Ventosa, ó que chegamos pola rúa que abandonamos momentáneamente para chegar a  Lombao. Continuamos pola rúa ata Augapesada. Por fin deixamos a rúa e baixamos pasando pola ponte sobre o rego dos Pasos. É aconsellable descansar aquí, xa que a subida seguinte ten moito desnivel. Cruzamos a rúa e comeza hacia Carballo.

Tras un kilómetro e medio pola costa de terra á altura do depósito de auga saímos á rúa, onde o desnivel é menor. Chegamos a Carballo, a población máis alta de este tramo, e comezamos o ansiado descenso ata chegar ó río Tambre.

Este río separa a Ames de Negreira. A este lado do río atopámosnos coa belísima ponte medieval coñecida como A Ponte Vella. Ó outro lado da ponte atópase a capela de San Brais. Á dereita da ponte vemos o pazo de Baladrón, construido a mediados do século XX.

Despois de Ponte Maceira seguimos polo camiño pasando por debaixo de A Ponte Nova e finalmente atopámosnos coa rúa. Uns metros adiante cruzamos hacia Barca e pasando o lugar volvemos a cruzar a rúa subindo pola esquerda ata A Chancela, esta rúa ten bastante tráfico e debemos ter coidado ó cruzar as dúas veces.

O itinerario continúa de frente para entrar en Negreira onde finaliza a primeira etapa do camiño a Fisterra.

Seguinte etapa
Camino de Santiago - Etapa de Santiago a Negreira

AVISO LEGAL | PRIVACIDADE | COOKIES · Copyright © 2025 · Hotel Mar de Fisterra