• Skip to content

Hotel Mar de Fisterra - Hotel en Fisterra con vistas o Mar

Hotel en Fisterra con vistas o mar, ideal para acabar o camiño de santiago, vir de vancación ou facer unha escapada. Dispoñemos de habitacións para duas, tres e catro persoas.

  • Hotel
  • Habitacións
  • Camiño de Fisterra
  • Entorno
  • Contacto
  • ·
  • GL
  • ES
  • EN
  • DE
  • PT
  • ·

Camiño de Santiago de Compostela a Fisterra

RESERVA

Etapa Negreira - Olveiroa

Continuamos pola recta ata Zas. Abandonamos a carretera e atravesamos a aldea. Camiñamos ata preto de Camiño Real, xiramos á esquerda e máis adiante á dereita empezamos a subir ata chegar a Rapote. Comezamos a baixada ata un cauce e logo subimos ata A Pena. A poucos metros chegamos a Piaxe.

500 metros despois saímos á rúa á altura de Portocamiño (e seguimos por ela ata Cornovo). Á saída de Cornovo, despois do cruce a Gorgal e Xallas, abandonamos a pasarela que salva o rego de Forxán, ata atoparnos de novo coa rúa que nos conduce ata Vilaserío. A este pobo chegaremos tras desviarnos por un camiño de terra a man esquerda.

Seguimos pola carretera ata Cornado, xiramos á esquerda na fonte. Primeiro faremos unha subida e logo unha baixada por pistas forestais ata atoparnos coa rúa onde xiramos á dereita para atoparnos de novo co mojón a man esquerda. Tomamos a pista forestal onde estaremos rodeados de campos de millo durante casi unha hora ata chegar a Maroñas. Atravesamos Maroñas e continuamos ata Santa Mariña. Na saída nos atopamos coa rúa.

Máis adiante do bar cruzamos (con cuidado) e nos desviamos pola dereita, para coller unha pista ata Bon Xesús e Gueima.

Continuamos hacia arriba ata Vilar do Castro. Aquí o camiño orixinal segue polo Monte Aro. Se está aberta ó paso atravesaremos a montaña. Se sigue cortada non hai máis remedio que xirar á dereita á altura do panel informativo e continuar pola pista asfaltada dando un bo rodeo. A partir do primeiro cruce, que seguimos pola esquerda, vamos a poder ver o embalse da Fervenza.

Baixamos pasando por Campo Valado, Porteliñas e Abeleiroas. Seguimos as indicacións que nos levarán á igrexa parroquial de San Cristobo de Corzón. Xiramos á esquerda e continuamos pola recta ata Mallón.

Xiramos á dereita e chegamos á ponte sobre o río Xallas que divide os Concellos de Mazaricos e Dumbría.

Ó outro lado atópase Ponte Olveira. Hai que seguir a rúa, xa sen pérdida, e desviarse hacia o centro de Olveiroa.

Seguinte etapa
etapa-negreira-olveiroa-1
etapa-negreira-olveiroa-2
etapa-negreira-olveiroa-3
etapa-negreira-olveiroa-4
etapa-negreira-olveiroa-5
etapa-negreira-olveiroa-6
etapa-negreira-olveiroa-7
etapa-negreira-olveiroa-8
etapa-negreira-olveiroa-9
etapa-negreira-olveiroa-10
etapa-negreira-olveiroa-11
etapa-negreira-olveiroa-12

AVISO LEGAL | PRIVACIDADE | COOKIES · Copyright © 2023 · Hotel Mar de Fisterra