Hotel Mar de Fisterra — Onde o Camiño atopa o mar.
Situado a poucos metros da Praia de Langosteira, no punto máis occidental de Galicia, o Hotel Mar de Fisterra ofrece unha experiencia única: habitacións con vistas directas ao Atlántico, atención personalizada e a tranquilidade dun dos paisaxes máis fermosos da Costa da Morte.
Con máis de 10 anos acollendo viaxeiros e peregrinos de todo o mundo, sabemos o que precisas ao chegar ao fin do Camiño: descanso, calidez e unhas vistas que nunca esquecerás.
Fisterra é moito máis que o final do Camiño de Santiago. É a porta de entrada á Costa da Morte, unha das costas máis salvaxes e fascinantes de Europa, con acantilados, faros históricos, pobos mariñeiros e unha gastronomía que non deixa indiferente a ninguén.
Un aloxamento pensado para quen busca descanso de calidade, tanto se chega ao final do Camiño como se quere explorar o mellor de Galicia.
Reserve directamente e garanta as mellores condicións.
A nosa historia
A nosa andadura comeza no ano 2013 co nome de Albergue do Mar. Dende o primeiro momento nos propuxemos mellorar o noso aloxamento engadindo cada vez máis servizos e instalacións ata o ano 2015, data na que decidimos dar un salto de calidade e convertirnos no Hotel Mar de Fisterra na primaveira de 2016.
A día de hoxe somos un hotel moderno e confortable que ofrece as mellores vistas ó mar dende calqueira das nosas 17 habitacións, ideal para acabar relaxado o camiño de Santiago a Fisterra, escaparte uns días ou pasar as túas vacacións na Costa da Morte.
As nosas instalacións
- Restaurante A Fonte do Raposo.
- Salón Social na ultima planta con zona de lectura.
Políticas do hotel
Estacionamento
Público nos alrededores.
Check-in
Dende as 15:00 hrs
Check-out
Ata as 12:00 hrs
Mascotas
Non se aceptan.
Sí animais de asistencia.
Cómo chegar
Dende Santiago
En bus
Mediante a empresa de transportes Monbus. Hai autobuses todos os días dende a estación de autobuses de Santiago de Compostela.
Horarios dispoñibles en: www.monbus.es
Teléfono de contacto da compañía: +34 982 29 29 00
En Taxi
O prezo dende o centro é de 80 € e dende o aeroporto 90 €.
A duración da viaxe é de uns 70 - 90 minutos.
Dende A Coruña
En bus
Mediante a empresa Autocares Vazquez. Hai transporte todos os días con saídas dende a estación de buses.
Horarios dispoñibles en: https://arriva.gal
Teléfono de contacto da compañía: +34 981 33 00 46.



