Etapas do Camiño de Santiago a Fisterra
Santiago - Negreira
Etapa inicial do camiño a Fisterra, dende Santiago de Compostela ata Negreira, cunha distancia de 20 kilómetros cunha subida dura ó alto de "Carballo". E onde nos embelesará o paso por Ponte Maceiras.
Negreira - Olveiroa
A segunda etapa é a máis longa das tres, con case 30 kilómetros de asfalto e terra. Abandonamos o concello de Negreira pasando polo de Mazaricos, ata chegar a Olveiroa en Dumbría.
Olveiroa - Fisterra
Espectacular etapa polas súas vistas sobre o río Xallas e as primeiras vistas do Cabo de Fisterra e a ría de Corcubión. Ó pasar Sardiñeiro divisaremos a Praia Langosteira, que nos levará ó fin da Terra.