• Skip to content

Hotel Mar de Fisterra - Hotel en Fisterra con vistas o Mar

Hotel en Fisterra con vistas o mar, ideal para acabar o camiño de santiago, vir de vancación ou facer unha escapada. Dispoñemos de habitacións para duas, tres e catro persoas.

  • Hotel
  • Habitacións
  • Camiño de Fisterra
  • Entorno
  • Contacto
  • ·
  • GL
  • ES
  • EN
  • DE
  • PT
  • ·

O entorno

RESERVA

Fisterra

Fisterra, é un pobo tradicionalmente pesqueiro, de aproximadamente uns 5.000 habitantes. Aquí se atopa o cabo Fisterra, Fin da Terra dende fai máis de 3.000 anos dende cando os caldeos, pobo que adoraba ó sol, viaxou dende Mesopotamia ata Fisterra para ver onde se poñía o sol todas as noites. En tributo a tal tradición decidiron facer o Ara Solis, un altar ó sol, que foi posteriormente cristianizado.

El Hotel desde la Playa Langosteira
La Lonja de Fisterra

No ano 130 a.c. Decimo Junio Bruto Galaico conquistador de Gallaecia, chegou a Fisterra e no Ara Solis fixo sacrificios polas súas victorias. Entón foi cando dende as pedras de Fisterra viu a posta de sol sobre as ondas do mar. O que o historiador Lucio Aneo Floro recolliu na súa obra:

Cruz de Baixar, Fisterra
Vistas desde el hotel

“Algo máis extensa foi a conquista de Decimo Bruto, que domou ós célticos, ós lusitanos e a todos os pobos da Galicia, e que pasou o río do Olvido, e na beira dese río temblaron de terror os seus soldados; e logo de recorrer victorioso toda a costa do Océano, non retirou as súas águias ata que viu o sol sumerxirse no mar, e ó lume celeste afogarse nas augas; o que non podía mirar sen horror, e sen cometer unha especie de sacrilexio”

Puesta de sol en Fisterra
El mejor hotel con vistas está en Fisterra

Costa da Morte

A Costa da Morte é unha área da fachada atlántica galega que tradicionalmente estaba limitada entre Malpica de Bergantiños e Fisterra. O nome de Costa Da Morte ten dúas orixes: a primeira por ser unha zona marítima de difícil navegabilidade cos temporais que azotan a esta costa, dando lugar a múltiples naufraxios ó longo da historia (os máis coñecidos nas últimas décadas son o Casón e o Prestige). Tamén se lle da este nome por situarse aquí o Fin da Terra, e por tanto onde “morre” o sol cada día ocultándose baixo do mar.

Cascada del Ézaro, Río Xallas
cabo-vilan
Dolmen de Dombate

AVISO LEGAL | PRIVACIDADE | COOKIES · Copyright © 2023 · Hotel Mar de Fisterra