• Skip to content

Hotel Mar de Fisterra - Hotel en Fisterra con vistas o Mar

Hotel en Fisterra con vistas o mar, ideal para acabar o camiño de santiago, vir de vancación ou facer unha escapada. Dispoñemos de habitacións para duas, tres e catro persoas.

  • Hotel
  • Habitacións
  • Camiño de Fisterra
  • Entorno
  • Contacto
  • ·
  • GL
  • ES
  • EN
  • DE
  • PT
  • ·

Camiño de Santiago de Compostela a Fisterra

RESERVA

Etapa Olveiroa - Fisterra

En Olveiroa, baixando a costa despois de deixar atrás os murais e a altura do mojón, xiramos á esquerda polo camiño xusto antes do lavadeiro e a rúa. Este camiño levarános ó embalse do Castrelo.

No poste de alta tensión que pronto veremos xiramos e continuamos ata chegar á ladeira do monte dende o que vemos á nosa esquerda o Río Xallas. Iremos baixando ata chegar á ponte de Valderripas.

Dende aquí comeza a subida a Logoso, onde nos atoparemos cun bar. A subida prolóngase ata Hospital. Ó pasar a aldea continuamos pola rúa, primeiro polo seu tramo actual e logo por un desvío pola antigua rúa volvendo despois ó actual onde chegamos ó cruce.

Xiramos á esquerda e xusto ó pasar a entrada da fábrica a man derecha atoparémosnos de novo co camiño.

Esta senda de terra condúcenos ó Cruceiro de Marco do Couto.  Continuamos de frente polo camiño e despois dun pequeno descenso atoparémosnos coa ermida de Nosa señora das Neves. Aquí existe un merendeiro onde poderemos descansar un anaco.

Logo continuamos ata a ermida de San Pedro Mártir, polo monte Lousado. Seguimos polo camiño de terra ata os indicadores do cruceiro de Armada. Debemos abandonar o camiño momentáneamente se o queremos visitar.

Un pouco máis adiante verase a ría de Corcubión, limitada á esquerda polo Monte do Pindo e Carnota e á dereita polo Cabo Fisterra, hacia onde nos diriximos.

Despois do descenso por un camiño de terra e pedras chegamos a Camiños Chans. Xiramos á dereita ata atoparnos na rúa principal. Continuando por ela chegamos a Cee. Á altura dos almacéns de construcción xiramos á esquerda e baixamos ata a Rúa de arriba, descendemos polo indicador ata chegar a rúa da Magdalena e collemos o cruce da xoiería para chegar á igrexa de Santa María da Xunqueira no centro do Pobo.

Aquí hai un mojón que nos indica que continuemos hacia a rotonda xusto ó lado do centro comercial. Moitos peregrinos atallan polo paseo marítimo, pero o camiño antigo vai polo medio do pobo.

Seguindo os indicadores chegamos á carretera xeral. Xiramos á esquerda ata chegar a Corcubión.

Xusto á entrada do pueblo, de novo existe a posibilidade de continuar polo paseo marítimo ou seguir o trazado oficial, subindo por onde nos indica o mojón. En calqueira dos dous casos continuamos camiñando ata chegar á plaza do pobo.

Aquí xiramos á esquerda ó fondo da plaza e subimos ata atoparnos coa  Igrexa de San Marcos. Aquí xiramos á dereita polas escaleiras. Continuamos polo medio do parque ata un camiño entre dous muros. Aquí comeza a subida a O Vilar por pistas forestais. Despois de pasar a aldea cruzamos a rúa e chegamos ó campo de San Roque.

Deixando o campo á esquerda seguimos polo camiño (non pola pista) e chegaremos a Amarela, atopándonos de novo co asfalto. Dende aquí baixamos ata a praia de Estorde, dende onde vemos o Faro de Fisterra.

Subimos de novo polo lado esquerdo da rúa e ó pasar a rotonda xiramos á dereita para atrevesar Sardiñeiro e continuamos polo monte ata de novo chegar á rúa principal.

Aquí debemos cruzar con cuidado, xa que a continuación do camiño está despois dunha curva cerrada.

Poderemos disfrutar aquí das vistas dende o mirador antes de baixar polo camiño á praia de Talón. Logo do camiño da cala de Talón continuamos non por moito tempo pola rúa que abandonamos pola esquerda baixando hacia a praia de Langosteira.

Xusto ó final dela está o noso hotel.

Ó pasar o hotel está o cruceiro chamado A Cruz de Baixar.

Continuamos pola rúa pola Calle Coruña ata chegar de novo a un cruce. Aquí podemos ver xusto de frente o albergue municipal, onde nos darán a Fisterrana.

Continuando pola Rúa Real, seguimos ata a plaza. Un pouco máis adiante xiramos á dereita onde nos atoparemos coa capela de Nosa señora do Bo Suceso.

Continuamos pola rúa adoquinada, de novo no cruce seguimos de frente e tras un pequeno ascenso atoparémosnos coa Igrexa Santa María das Areas. Comezamos o ascenso ó faro pola rúa. Chegamos ó mojón do kilómetro 0 e ó Faro Fisterra, onde remata a nosa peregrinación ó Fin da Terra.

etapa-olveiroa-finisterre-1
etapa-olveiroa-fisterra-2
etapa-olveiroa-finisterre-3
etapa-olveiroa-fisterra-4
etapa-olveiroa-finisterre-5
etapa-olveiroa-fisterra-6
etapa-olveiroa-finisterre-7
etapa-olveiroa-fisterra-8
etapa-olveiroa-finisterre-9
etapa-olveiroa-fisterra-10
etapa-olveiroa-finisterre-11

AVISO LEGAL | PRIVACIDADE | COOKIES · Copyright © 2023 · Hotel Mar de Fisterra