Etapa Santiago - Negreira
Empezamos o camiño de Fisterra na catedral. Baixamos a rúa das Hortas, entre o Hostal dos Reis Católicos e o pazo de Raxoi (o concello). Das Hortas prolonga coa rúa Campo das Hortas e tras un paso de peatóns deixamos o bar á esquerda.
Continuamos de frente pola rúa do Cruceiro do Galo, que pasa a denominarse Poza de Bar e máis adiante San Lourenzo. Ésta nos leva ata a carballeira do mesmo nome. Descendemos polo camiño que atravesa a carballeira ata Ponte Sarela.
Seguindo a pista chegamos a Sarela da Baixo. No mojón xiramos á dereita. Este camiño levarános a Moas de Abaixo.
Continuamos por Carballal ata Quintáns, onde primeiro xiramos á esquerda e xusto despois na parada do bus á dereita, seguindo o camiño entre as casas do lugar e chegamos por unha recta asfaltada ata a ponte sobre o río Roxos. Tras camiñar un pouco máis chegamos a Alto do Vento, no concello de Ames.
Baixamos hacia a dereita con dirección a Ventosa, ó que chegamos pola rúa que abandonamos momentáneamente para chegar a Lombao. Continuamos pola rúa ata Augapesada. Por fin deixamos a rúa e baixamos pasando pola ponte sobre o rego dos Pasos. É aconsellable descansar aquí, xa que a subida seguinte ten moito desnivel. Cruzamos a rúa e comeza hacia Carballo.
Tras un kilómetro e medio pola costa de terra á altura do depósito de auga saímos á rúa, onde o desnivel é menor. Chegamos a Carballo, a población máis alta de este tramo, e comezamos o ansiado descenso ata chegar ó río Tambre.
Este río separa a Ames de Negreira. A este lado do río atopámosnos coa belísima ponte medieval coñecida como A Ponte Vella. Ó outro lado da ponte atópase a capela de San Brais. Á dereita da ponte vemos o pazo de Baladrón, construido a mediados do século XX.
Despois de Ponte Maceira seguimos polo camiño pasando por debaixo de A Ponte Nova e finalmente atopámosnos coa rúa. Uns metros adiante cruzamos hacia Barca e pasando o lugar volvemos a cruzar a rúa subindo pola esquerda ata A Chancela, esta rúa ten bastante tráfico e debemos ter coidado ó cruzar as dúas veces.
O itinerario continúa de frente para entrar en Negreira onde finaliza a primeira etapa do camiño a Fisterra.